Thursday 18 de April de 2024

Conclúe o programa O Camiño das Estrelas


 

A última cita co programa O Camiño das Estrelas tivo lugar en Barbeiros. Veciños e veciñas déronse cita á beira da noite de onte para poder observar, acompañados de astrónomos con sobrada experiencia, o ceo nocturno.

Dende hai xa varios anos e coincidindo coa época de verán, o Concello de Ordes leva a cabo esta iniciativa en colaboración co Xacobeo 21, a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e o observatorio astronómico Ramón María Ayer.